Le ayudamos a mejorar la imagen de su organización
Consultoría en gestión e innovación
¿Cree que debe mejorar la gestión de su empresa? podemos ayudarle
Soluciones innovadoras para la gestión de su empresa
Las herramientas de gestión accesibles hasta ahora sólo a las grandes corporaciones a su alcance
Le ayudamos a mejorar la satisfacción de sus clientes
Le ayudamos a diferenciarse
Le ayudamos a optimizar sus recursos

A Xestión Medioambiental nas Organizacións: Necesidade e Oportunidade

É un feito constatado e coñecido que o estilo de vida imposto na sociedade e o crecemento da poboación no último século causaron desequilibrios e danos quizais irreversibles neste planeta que é o noso fogar (cambio climático e quecemento, degradación da calidade do aire, deterioración da capa de ozono, sobreexplotación dos recursos, contaminación das augas, perda de biodiversidade, erosión do chan e desertificación...).

Pasamos na historia da humanidade de protexernos da natureza a unha situación na que hai que protexer á natureza do home.

Ante este panorama, a opinión pública demanda un maior respecto polo medio ambiente. Como consecuencia desta demanda asúmese a necesidade dun "Desenvolvemento Sustentable":

"Satisfacer as necesidades presentes sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades"

Á parte de consideracións morais ou éticas e da presión que exerce a opinión pública, o respecto polo medioambiente está a imporse por razóns legais, económicas e comerciais. As administracións públicas (comunitaria, estatal, autonómica e local) promulgaron leis que obrigan a cumprir requisitos técnicos, administrativos e pago de taxas, canons e sancións.

Así mesmo puxéronse en marcha procedementos de carácter voluntario para que as empresas adopten medidas encamiñadas a protexer o medioambiente, como son o Sistema Comunitario de Etiquetaxe Ecolóxica de Produtos (Regulamento CEE 880/92), o Sistema Comunitario de Ecogestión e Ecoauditoría EMAS (Regulamento CE 1836/93) e a serie de Normas UNE-EN-ISO 14000:1996 de Sistemas de Xestión Medioambiental.

A maior parte destas esixencias recae nas empresas. Ante estas presións, algunhas organizacións caen no erro de deseñar e implantar o sistema de xestión ambiental como un conxunto de tarefas burocráticas impostas coa única finalidade de cubrir un expediente e gardar as costas.

A xestión integrada dos sistemas de calidade, medioambiente e prevención persegue estruturar un único sistema eficiente e efectivo que contemple todos os enfoques.

A metodoloxía que Sinapsys Business Solutions aplica no seu labor de consultoría baséase en considerar o sistema de xestión como un conxunto de procesos nos que se teñen en conta todos os requisitos aplicables (corporativos, legais, normativos, do mercado, do negocio), xa sexan de calidade, medioambiente ou prevención de riscos laborais.

Deste xeito, o sistema de xestión configúrase como unha ferramenta que mellora a competitividade das organizacións convertendo as "ameazas" en "oportunidades" (redución de custos, racionalización dos recursos, mellora do impacto na sociedade, control de riscos, satisfacción dos clientes, consumidores, persoal, etc. ..).


© Domingo Rey Peteiro
Sinapsys Business Solutions
Contactar