No presente artigo, repásanse principios e conceptos da xestión por procesos. Posteriormente faise referencia ao método IDEF0 de representación gráfica de procesos, resumindo as vantaxes e inconvintes que expón. Por último, preséntase a sintaxe e semántica dunha metodoloxía de modelado de procesos definida polo autor.
Na actualidade, asúmese que o principal activo de calquera organización radica nas persoas.
A calidade, a produtividade, a rentabilidade, a satisfacción dos clientes e a imaxe dunha empresa dependen en gran medida da formación, a coordinación e a motivación da súa plantilla. Para que unha empresa funcione adecuadamente e preciso que as persoas que a integran saiban, queran e poidan traballar de forma adecuada.